martes, 31 de mayo de 2016

Entrada 38: Lidia Redondo

Lidia Redondo Ruiz de Arévalo (Granada, 1992), é unha ximnasta española, bronce na xeral do Mundial de Stuttgart (2015) e 4ª nos Xogos Olímpicos de Londres 2012 co conxunto español. Posúe ademáis varias medallas de probas da Copa do Mundo e outras competicións internacionais.

Despoís dun paréntesis na súa carreira tras anunciar a súa retirada o 24 de marzo de 2014, confirmouse o seu regreso como integrante do conxunto español o 15 de xaneiro do 2015.

Lidia Redondo 2015 Stuttgart.PNG

viernes, 27 de mayo de 2016

Entrada 37: As irmáns Averinas

Dina e Arina Averina, xemelgas rusas, son unha das maiores xoias da ximnasia rítmica neste país. Teñen 17 anos e pronto sustiruirán ás súas compañéiras de selección. Seguramente nos deixen moi bos momentos. 



miércoles, 25 de mayo de 2016

Entrada 37: María Añó

María Añó ten 12 anos e é unha das mellores ximnastas de España. Practica este deporte dende os 4 anos no Club Mabel e foi Campiona de España ata en 7 ocasións (individual e conxunto). Tiven a sorte de coñecela, e é magnífico saber que aparte de unha incríble ximnasta é unha moi boa persoa, e sobre todo que segue sendo tan humilde coma cando era unha nena máis competindo nos pavillóns dos colexios preto da súa casa. 



martes, 24 de mayo de 2016

Entrada 36: Polina Berezina

Con apenas 16 anos, a rusa Polina Berezina xa é unha das promesas da rítmica a nivel mundial. Xiros maxistrais e equilibrios incríbles mesturados cunha expresividade e unhas condicións físicas exquisitas fan que sexa unha ximnasta á que todos poderiamos envidiar. 

Polina

viernes, 20 de mayo de 2016

Entrada 35: Desvantaxes da ximnasia rítmica


  • Lesións: é moi común que as persoas que practican ximnasia rítmica teñan lesións de maior ou menor grado en algunhas partes do corpo.
  • Demasiado sacrificio: trátase dun deporte moi sacrificado no que para chegar a ter un bo nivel é necesario dedicarlle entre 3 e 5 horas diarias. 
  • Distracción estudios: a gran dedicación que necesita este deporte pode levar ao abandono dos estudios sendo importante aprender a compaxinar ambas tareas.

jueves, 19 de mayo de 2016

Entrada 34: Vantaxes da ximnasia rítmica


  • Aumento da concentración: trátase dunha disciplina que demanda moita concentración e estabilidade emocional.
  • Maior confianza: normalmente as persoas que practican ximnasia rítmica aumentan a confianza en si mesmas ao ir conseguindo os seus obxectivos. 
  • Contrarresta a timidez: polo xeral as persoas que desenvolven esta actividade son capaces de superarse a si mesmas e vencer á timidez. 
  • Implica disciplina: como moitos outros deportes a ximnasia rítmica implica disciplina e seriedade á hora de levar a cabo os exercicios correspondentes.
  • Mellora a postura corporal: mellora todas aquelas malas posturas adquiridas e modifica as malas posturas por unhas boas e correctas posturas de todas as partes do corpo.
  • Loita contra a obesidade infantil: os nenos que practican este tipo de ximnasia son menos propensos a padecer obesidade que os que non a practican. 


miércoles, 18 de mayo de 2016

Entrada 33: Alina Maksimenko

Ximnasta ucraniana que conseguiu acadar os mellores postos da rítmica a nivel mundial. Retirouse no 2013, como se pode ver na entrada 26.

jueves, 12 de mayo de 2016

Entrada 32: Irina Víner

Irina Víner é unha ex ximnasta, empresaria e entrenadora de honra rusa. Dende 2008 é presidenta da Federación Rusa de Ximnasia e vicepresidenta do Comité Técnico de Ximnasia Rítmica da Federación Internacional de Ximnasia (FIG).



miércoles, 11 de mayo de 2016

Entrada 31: Proxecto Olympia

Olympia é unha serie de contos infantís escritos por Almudena Cid e ilustrados por Montse Marín, ambas excompoñentes da Selección Española de Ximnasia Rítmica. Están inspirados na carreira deportiva da propia Almudena, e os contos están dirixidos principalmente a nenas de entre 9 e 12 anos. 



martes, 10 de mayo de 2016

Entrada 30: Entrevista a Almudena Cid

Con 28 anos e unha longa e incríble historia detrás, Almudena Cid despídese do tapiz e da alta competición. 


miércoles, 4 de mayo de 2016

Entrada 29: Club Ritmo de León

O Club Ritmo é un dos clubs de Ximnasia Rítmica máis importantes de España. Posúe varios títulos a nivel español e europeo. Foi fundado no ano 1978 por dous homes en León, e a súa sede pasou por ser un pequeno baixo, unha igrexa abandonada e agora un polideportivo.


martes, 3 de mayo de 2016

Entrada 28: Andrea Pozo

Comezou a facer ximnasia con 5 anos e proclamouse Campeona de España ata en 5 ocasións. 


Andrea Pozo, ximnasta do Club Ritmo de León

lunes, 2 de mayo de 2016

Entrada 27: Trucos para mellorar a flexibilidade

Neste deporte, a flexibilidade é un dos elementos básicos para poder ser unha boa referente e ximnasta, aínda que non o único. Hai persoas que nacen sendo máis flexibles que outras, pero aínda así a túa flexibilidad pode ampliarse con traballo e constancia. Algúns trucos para mellorala: 

1.Quentar moito antes de realizar deporte. 


2.Facer estiramentos, como fondos ou lanzamentos de pernas tódolos días para ir amplicando a área de movemento dos nosos músculos. 

3.Realizar exercicios como spagats ou frotáis no banco ou nas espaldeiras. 

4.Estirar moi ben despois de facer os exercicios.