Como se chama este con?
Ximnasia Rítmica
miércoles, 15 de junio de 2016
viernes, 10 de junio de 2016
viernes, 3 de junio de 2016
Entrada 40: As mazas
- Material: plástico, caucho ou madeira.
- Largo: 8 a 5 dm dende un extremo ao outro.
- Peso: polo menos 150 gramos por maza.
- Partes: corpo (parte protuberante), pescozo (parte delgada), cabeza (parte esférica).
- Execución: a ximnasta usa as mazas para realizar molinetes, voltas, lanzamentos e tantas figuras asimétricas como sexa posible, combinándoas con moitas figuras que se utilizan na ximnasia sen implementos. Cando se golpean as mazas, non se debe facer con forza. Os exercicios con mazas requiren un sentido do ritmo altamente desenvolvido, máxima coordinación psicomotora e precisión. As mazas son especialmente apropiadas para as ximnastas ambidiestras.
- Movementos: lanzamentos coas dúas ou cunha man, molinetes, golpes, retención, deslizamento...
miércoles, 1 de junio de 2016
Entrada 39: O aro

- Material: plástico (debe ser un material ríxido).
- Diámetro: 80 cm a 90 cm no interior. O aro debe chegar á cintura da ximnasta.
- Peso: polo menos 300 gramos.
- Forma: pode ser liso ou áspero. Pódese envolver (total ou parcialmente) cunha cinta adhesiva de cor (forro).
- Execución: o aro define o espacio. Este espacio é usado ao máximo pola ximnasta, a cal se move dentro do círculo formado. A execución do aro require frecuentes cambios de movemento, e o principal requerimento é a boa coordinación dos movementos.
- Movementos: lanzamentos, desplazamentos, rodamentos...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

