viernes, 15 de abril de 2016

Entrada 22: Depende de nós

Día a día deportes como o fútbol ou o baloncesto aparecen nas pantallas dos nosos televisores, na prensa e nos anuncios de internet. Cousas tan absurdas como o novo peinado dun xogador famoso ou as botas que usan vólvense noticias mundiais, e é do único que se fala.
En España tamén existen outros deportes, aínda que ás veces, os medios de comunicación non nolo digan. No 2015 a Selección Española de Ximnasia Rítmica conseguiu unha medalla de bronce na Copa do Mundo de Stuttgar. Seguramente non o saibas, porque apenas foi anunciado e nin sequera se retransmitiu a competición.
 Está claro que todos os deportes son bos, e non lle quito importancia ao fútbol ou ao baloncesto, pero deberiamos saber apreciar o resto de deportes e logros que consegue o noso país. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario